Sony Xperia M2 Aqua - Pantalla de aplicacións

background image

Pantalla de aplicacións

A pantalla de aplicacións, que pode abrir desde a pantalla de inicio, contén as

aplicacións instaladas previamente no seu dispositivo ademais das aplicacións que

descarga.

Para ver todas as aplicacións na pantalla de aplicacións

1

Desde a pantalla de inicio, pulse .

2

Toque lixeiramente cara á dereita ou á esquerda na pantalla de aplicacións.

Para abrir unha aplicación na pantalla de aplicacións

Toque lixeiramente para localizar a aplicación e logo pulse a aplicación.

Para buscar unha aplicación desde a pantalla de aplicacións

1

Cando se abra a pantalla de aplicacións, pulse .

2

Introduza o nome da aplicación que queira buscar.

Para abrir o menú da pantalla de aplicacións

Cando a pantalla de aplicacións estea aberta, arrastre o bordo esquerdo da

pantalla de aplicacións á dereita.

16

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para mover unha aplicación na pantalla de aplicacións

1

Para abrir o menú na pantalla de aplicacións, arrastre o bordo esquerdo da

pantalla de aplicacións á dereita.

2

Asegúrese de que

Orde personalizada estea seleccionado en AMOSAR

APLICACIÓNS.

3

Na pantalla de aplicacións, toque e manteña a aplicación ata que se seleccione e

logo arrástrea ata a nova localización.

Para engadir un acceso directo a unha aplicación á pantalla de inicio

1

Para abrir o menú na pantalla de aplicacións, arrastre o bordo esquerdo da

pantalla de aplicacións á dereita.

2

Asegúrese de que

Orde personalizada estea seleccionado en AMOSAR

APLICACIÓNS.

3

Na pantalla de aplicacións, toque e manteña a icona dunha aplicación, entón

arrastre a icona cara á parte superior da pantalla. A pantalla de inicio ábrese.

4

Arrastre a icona á localización desexada na pantalla de inicio e logo solte o dedo.

Se está seleccionado

Alfabético ou Máis usadas en AMOSAR APLICACIÓNS en lugar de

Orde personalizada, aínda pode engadir un acceso directo a unha aplicación á pantalla de

inicio. Só toque e manteña a icona da aplicación correspondente ata que se abra a pantalla

de inicio, logo arrastre a icona á localización desexada e solte o dedo.

Para organizar as súas aplicacións na pantalla de aplicacións

1

Para abrir o menú na pantalla de aplicacións, arrastre o bordo esquerdo da

pantalla de aplicacións á dereita.

2

Seleccione a opción desexada en

AMOSAR APLICACIÓNS.

Para desinstalar unha aplicación desde a pantalla de aplicacións

1

Para abrir o menú na pantalla de aplicacións, arrastre o bordo esquerdo da

pantalla de aplicacións á dereita.

2

Pulse

DESINSTALAR. Todas as aplicacións que non se poden desinstalar

indícanse con .

3

Pulse a aplicación que desexe desinstalar e logo pulse

Aceptar.