Widgets
Os widgets son pequenas aplicacións que pode usar directamente na pantalla de inicio.
Tamén funcionan como accesos directos. Por exemplo, o widget do Tempo permítelle
ver a información básica do tempo directamente na súa pantalla de inicio. Pero ao pulsar
o widget, ábrese a aplicación completa do Tempo. Pode descargar máis widgets desde
Google Play™.
19
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para engadir un widget á pantalla de inicio
1
Toque e manteña unha zona baleira na súa Pantalla de inicio ata que o dispositivo
vibre, entón pulse
Widgets e Aplicacións.
2
Localice e pulse o widget que desexe engadir.
Para cambiar o tamaño dun widget
1
Toque e manteña un widget ata que apareza resaltado, entón libere o widget. Se
se pode cambiar o tamaño do widget como, por exemplo, o widget de
Calendario, entón aparecerá un marco resaltado e puntos de cambio de tamaño.
2
Arrastre os puntos cara ao centro ou cara a fóra para reducir ou ampliar o widget.
3
Para confirmar o novo tamaño do widget, pulse calquera lugar na Pantalla de
inicio.
Mover un widget
•
Toque e manteña o widget ata que apareza resaltado e logo arrástreo ata a nova
localización.
Quitar un widget
•
Toque e manteña o widget ata que apareza resaltado. A continuación, arrástreo
ata .