Sony Xperia M2 Aqua - Localizar un dispositivo perdido

background image

Localizar un dispositivo perdido

Se ten unha conta de Google™, o servizo web my Xperia pode axudar a localizar e

protexer o seu dispositivo en caso de que o perda. Poderá:

Localizar o seu dispositivo nun mapa.

Establecer un aviso incluso se o dispositivo está en modo silencio.

Bloquear de xeito remoto o dispositivo e facer que amose a súa información de contacto

a calquera que o atope.

Como último recurso, baleirar de xeito remoto as memorias interna e externa do

dispositivo.

É posible que este servizo de my Xperia non estea dispoñible en todos os países ou rexións.

Para activar o servizo my Xperia

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Configuración > Seguridade > Protección por my Xperia >

Activar.

3

Marque a caixa de verificación e pulse

Aceptar.

4

Se é necesario, inicie sesión na súa conta de Sony Entertainment Network ou

crea unha nova, se non a ten.

5

Active os servizos de localización no dispositivo, se esta función aínda non está

activada.

Para verificar que o servizo my Xperia pode localizar o dispositivo, vaia a

myxperia.sonymobile.com

e inicie sesión coa conta de Google™ ou coa conta de Sony

Entertainment Network que configurou no seu dispositivo.