Sony Xperia M2 Aqua - Utilizar o dispositivo en condicións de po e auga

background image

Utilizar o dispositivo en condicións de po e auga

Para asegurar a resistencia á auga do dispositivo, todas as tapas, incluídas a do porto micro

USB, a da rañura da tarxeta de memoria e a da rañura da tarxeta SIM, deben estar

correctamente pechadas.

O smartphone é resistente á auga e ao po en cumprimento coas clasificacións Ingress

Protection (IP) IP65 e IP68, como se explica na táboa de abaixo. Para ver máis

información de IP do dispositivo, vaia a

www.sonymobile.com/global-en/legal/testresults/

e faga clic no nome de dispositivo correspondente.
Estas clasificacións específicas de IP indican que o seu dispositivo é resistente ao po e

está protexido contra a corrente de auga de baixa presión, así como ante os efectos da

inmersión durante 30 minutos en auga (non salina) ata 1,5 metros de profundidade.
Pode usar o seu dispositivo:

cando hai po, por exemplo, nunha praia con vento;

cando ten os dedos mollados;

en condicións climáticas extremas, por exemplo, mentres está a nevar ou a chover;

en auga doce (non salina) ata 1,5 metros de profundidade ou menos, por exemplo, nun

río ou lago de auga doce;

nunha piscina con cloro.
Aínda que o dispositivo é resistente ao po e á auga, ten que evitar expoñelo

innecesariamente a ambientes con moito po, area e barro ou a ambientes húmidos, con

temperaturas extremadamente altas ou baixas. A resistencia á auga do porto micro

USB, da rañura da tarxeta de memoria e da rañura da tarxeta SIM ou da toma de

auriculares non se pode garantir en todos os ambientes ou condicións.
Nunca mergulle o seu dispositivo en auga salgada nin permita que o porto micro USB

nin o conectador para auriculares entren en contacto con auga salgada. Por exemplo, se

está na praia, lembre manter o teléfono lonxe da auga do mar. Tampouco debe expoñer

nunca o dispositivo a produtos químicos líquidos. Por exemplo, se está a lavar a louza

coa man utilizando un deterxente líquido, evite poñer en contacto o dispositivo co

deterxente. Tras a exposición á auga non doce, lave o dispositivo con auga doce.
O desgaste normal xunto cos danos no seu dispositivo poden reducir a súa capacidade

para resistir ao po ou á humidade. Despois de usar o dispositivo en auga, seque as

áreas arredor de todas as tapas, incluído o porto micro USB, a rañura da tarxeta SIM e a

rañura da tarxeta de memoria.
Se o altofalante ou o micrófono se mollan, o seu funcionamento pode verse afectado ata

que se seque completamente a auga. Teña en conta que o tempo de secado pode ser

superior a tres horas, dependendo do ambiente. Neste tempo, non obstante, pode usar

outras características do dispositivo que non utilicen o altofalante nin o micrófono. Todos

os accesorios compatibles, incluídos baterías, cargadores, dispositivos mans libres e

cables micro USB, non son resistentes á auga e ao po por si mesmos.
A súa garantía non cobre os danos ou defectos orixinados polo abuso ou polo uso

indebido do seu dispositivo (incluído o uso en ambientes onde se exceden as limitacións

de clasificación IP correspondentes). Se ten máis preguntas acerca do uso dos seus

produtos, pida axuda ao noso servizo de atención ao cliente. Ademais, para obter

información da garantía, consulte a

Información importante

á que se pode acceder a

través do asistente de configuración do dispositivo.