Engadir a posición xeográfica ás súas fotos
Active a xeoetiquetaxe para engadir a localización xeográfica aproximada (unha
xeoetiqueta) ás fotos cando as tire. A localización xeográfica determínase por redes sen
fíos ou tecnoloxía GPS.
Cando apareza na pantalla da cámara, a xeoetiquetaxe está activada pero a posición
xeográfica non se atopou. Cando apareza , a xeoetiquetaxe está activada e a
localización xeográfica está dispoñible, polo que a súa foto pode xeoetiquetarse. Se non
aparece ningún destes dous símbolos, a xeoetiquetaxe está desactivada.
Para activar o xeoetiquetado
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Pulse
Configuración > Localización.
3
Pulse o botón acender-apagar.
4
Active a cámara.
5
Pulse e logo pulse .
6
Arrastre cara á dereita o control desprazable que está a carón de
Xeoetiquetado.