Configuración One-touch
A función de configuración One-touch permite iniciar automaticamente a configuración
de varias características que traballan sen fíos entre dous dispositivos Xperia™. Por
exemplo, pode usar a configuración One-touch para iniciar a configuración dos axustes
básicos de duplicación de pantalla e Xperia Link™. Unha vez feita a configuración, só
ten que tocar unha vez sempre que queira iniciar estas características.
A función de configuración One-touch actívase mediante NFC. Para obter máis
información sobre a configuración de duplicación de pantalla, servidor multimedia, NFC
e Bluetooth®, consulte as seccións correspondentes da guía do usuario.
Iniciar a configuración One-touch no seu dispositivo
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Conectividade Xperia™ > Configuración cun só
toque. A función NFC actívase de xeito automático.
3
Asegúrese de que a función NFC está activada no outro dispositivo Xperia™.
4
Asegúrese de que as pantallas de ambos dispositivos están desbloqueadas e
activas.
5
Coloque xuntos os dous dispositivos de xeito que as áreas de detección NFC dos
dispositivos se toquen. A función de configuración One-touch iníciase de xeito
automático.
Ambos dispositivos deben admitir a función de configuración One-touch.
116
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.