Sony Xperia M2 Aqua - Uso compartido de contido con dispositivos DLNA Certified™‎

background image

Uso compartido de contido con dispositivos DLNA Certified™

Pode ver ou reproducir contido multimedia gardado no seu dispositivo noutros

dispositivos como un televisor ou un ordenador. Estes dispositivos deben estar na

mesma rede sen fíos e poden ser televisores Sony ou altofalantes, ou produtos DLNA

Certified™ pola Digital Living Network Alliance. Tamén pode ver ou reproducir contido

doutros dispositivos DLNA Certified™ no seu dispositivo.
Logo de configurar o modo para compartir contido multimedia entre dispositivos, pode,

por exemplo, escoitar ficheiros de música gardados no ordenador do seu fogar desde o

seu dispositivo ou ver fotos tomadas coa cámara do seu dispositivo nunha pantalla de

TV grande.

Reproducir ficheiros de dispositivos DLNA Certified™ no seu

dispositivos

Cando reproduce ficheiros doutro dispositivo DLNA Certified™ no seu dispositivo, o

outro dispositivo está a actuar como servidor. Isto quere dicir que comparte contido a

través dunha rede. O dispositivo servidor debe ter a función para compartir contido

activada e dar permiso de acceso ao seu dispositivo. Tamén debe estar conectado á

mesma rede Wi-Fi® que o seu dispositivo.

108

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para reproducir unha pista de música compartida no seu dispositivo

1

Asegúrese de que os dispositivos cos que quere compartir ficheiros están

conectados á mesma rede Wi-Fi® que o dispositivo.

2

Desde a Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse .

3

Arrastre o bordo esquerdo da pantalla de inicio de Música á dereita e logo pulse

Rede doméstica.

4

Seleccione un dispositivo da lista de dispositivos conectados.

5

Navegue polos cartafoles do dispositivo conectado e seleccione a pista que

desexe reproducir. Unha vez seleccionada, a pista comeza a reproducirse

automaticamente.

Para reproducir un vídeo compartido no seu dispositivo

1

Asegúrese de que os dispositivos cos que quere compartir ficheiros están

conectados á mesma rede Wi-Fi® que o dispositivo.

2

Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo localice e pulse

Vídeo.

3

Arrastre o bordo esquerdo da pantalla de inicio de Vídeo á dereita e logo pulse

Dispositivos.

4

Seleccione un dispositivo da lista de dispositivos conectados.

5

Navegue polos cartafoles do dispositivo conectado e seleccione o vídeo que

desexe reproducir.

Para ver unha foto compartida no seu dispositivo

1

Asegúrese de que os dispositivos cos que quere compartir ficheiros están

conectados á mesma rede Wi-Fi® que o dispositivo.

2

Desde a Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse

Álbum.

3

Arrastre o bordo esquerdo da pantalla de inicio de Álbum cara á dereita e pulse

Dispositivos.

4

Seleccione un dispositivo da lista de dispositivos conectados.

5

Navegue polos cartafoles do dispositivo conectado e seleccione unha foto para

vela.

Reproducir ficheiros do seu dispositivo en dispositivos DLNA

Certified™

Antes de poder ver ou reproducir ficheiros multimedia do seu dispositivo noutros

dispositivos DLNA Certified™, cómpre configurar a opción de compartir ficheiros no seu

dispositivo. Os dispositivos cos que comparte contido chámanse dispositivos cliente.

Por exemplo, un televisor, ordenador ou tablet pode actuar como dispositivo cliente. O

seu dispositivo actúa como servidor multimedia ao pór contido a disposición dos

dispositivos cliente. Cando configura a opción de compartir ficheiros no seu dispositivo

debe outorgar permisos de acceso aos dispositivos cliente. Unha vez feito isto, os

dispositivos correspondentes aparecen como dispositivos rexistrados. Os dispositivos

que agardan o permiso de acceso amósanse como dispositivos pendentes.

Para configurar o uso compartido de ficheiros con outros dispositivos DLNA

Certified™

1

Conecte o seu dispositivo a unha rede Wi-Fi®.

2

Desde a súa Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse

Axustes > Conectividade Xperia™ > Servidor multimedia.

3

Arrastre o control desprazable a carón de

Compartir multimedia á dereita.

4

Utilice o seu ordenador ou outros dispositivos cliente DLNA™ da mesma rede Wi-

Fi® para conectarse ao seu dispositivo.

5

Aparece unha notificación na barra de estado do dispositivo. Abra a notificación e

defina os permisos de acceso para cada dispositivo cliente que tente conectarse

ao seu dispositivo.

Os pasos para acceder aos elementos multimedia do seu dispositivo cun cliente DLNA™

varían en cada dispositivo cliente. Consulte a súa guía de usuario do dispositivo cliente para

109

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

obter máis información. Se o seu dispositivo no está accesible para un cliente na rede,

comprobe se a súa rede Wi-Fi® está a funcionar.

Tamén pode acceder ao menú

Servidor multimedia na aplicación Música arrastrando o bordo

esquerdo da pantalla de inicio de Música cara á dereita e, a continuación, pulsando

Axustes >

Servidor multimedia.

Para deter a función de compartir ficheiros con outros dispositivos DLNA Certified™

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Configuración > Conectividade Xperia™ > Servidor multimedia.

3

Arrastre o control desprazable a carón de

Compartir multimedia á esquerda.

Establecer permisos de acceso para un dispositivo pendente

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Configuración > Conectividade Xperia™ > Servidor multimedia.

3

Seleccione un dispositivo da lista

Dispositivos pendentes.

4

Seleccione un nivel de permiso de acceso.

Cambiar o nome dun dispositivo rexistrado

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Configuración > Conectividade Xperia™ > Servidor multimedia.

3

Seleccione un dispositivo da lista

Dispositivos rexistrados e despois seleccione

Cambiar nome.

4

Introduza un novo nome para o dispositivo.

Cambiar o nivel de acceso dun dispositivo rexistrado

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Configuración > Conectividade Xperia™ > Servidor multimedia.

3

Seleccione un dispositivo da lista

Dispositivos rexistrados.

4

Pulse

Cambiar nivel de acceso e seleccione unha opción.

Obter axuda sobre como compartir contido con outros dispositivos DLNA Certified™

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Configuración > Conectividade Xperia™ > Servidor multimedia.

3

Pulse e, a continuación,

Axuda.

Reprodución de ficheiros con outro dispositivo mediante Throw

Coa tecnoloxía DLNA™, pode empurrar ou "Throw" (Tirar) contido multimedia desde seu

dispositivo a outro dispositivo conectado á mesma rede Wi-Fi®. O dispositivo receptor

ten que poder funcionar como dispositivo Digital Media Renderer (DMR) e reproducir

contido recibido desde o seu dispositivo. Unha TV compatible con DLNA™ ou un PC

con Windows® 7 ou versións posteriores son exemplos de dispositivos DMR.

Os pasos para reproducir elementos multimedia compartidos poden variar segundo o

dispositivo cliente. Consulte a guía de usuario do dispositivo DMR para obter máis

información.

O contido protexido mediante Digital Rights Management (DRM) non se pode reproducir nun

dispositivo Digital Media Renderer usando tecnoloxía DLNA™.

110

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Reproducir fotos ou vídeos nun dispositivo cliente con Throw

1

Asegúrese de que configurou correctamente o dispositivo cliente DMR ou

DLNA™ e de que está conectado á mesma rede Wi-Fi® que o seu dispositivo.

2

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse

Álbum.

4

Busque e abra fotos ou vídeos que desexe ver.

5

Pulse na pantalla para amosar a barra de ferramentas, despois pulse e

seleccione o dispositivo co que desexe compartir o seu contido.

6

Para deixar de compartir fotos ou vídeos cun dispositivo cliente, pulse e

seleccione

Desconectar.

Tamén pode compartir un vídeo desde a aplicación Vídeo no seu dispositivo pulsando o vídeo

e despois .

Reproducir unha pista de música nun dispositivo cliente con Throw

1

Asegúrese de que configurou correctamente o dispositivo cliente DMR ou

DLNA™ e de que está conectado á mesma rede Wi-Fi® que o seu dispositivo.

2

Desde a Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse .

3

Seleccione unha categoría de música, navegue ata a pista que desexe compartir

e, a continuación, pulse na pista.

4

Pulse e seleccione un dispositivo cliente co que compartir o seu contido. A

pista comeza a reproducirse no dispositivo que seleccionou.

5

Para desconectar do dispositivo cliente, pulse .