Sony Xperia M2 Aqua - Ver fotos e vídeos

background image

Ver fotos e vídeos

Use a aplicación Álbum para ver fotos e reproducir vídeos tomados coa cámara ou para

ver contido similar gardado no seu dispositivo. Todas as fotos e os vídeos amósanse

nunha grade ordenada de xeito cronolóxico.

1

Pulsar a icona para abrir o menú da pantalla de inicio de Álbum

2

Ver unha presentación de todas as imaxes ou só das engadidas como favoritas

3

Arrastrar o bordo esquerdo da pantalla cara á dereita para abrir o menú da pantalla de inicio de Álbum

4

O intervalo de datas dos elementos no grupo actual

5

Pulsar nunha foto ou nun vídeo para abrilo na vista a pantalla completa

6

Desprazarse cara arriba ou abaixo para ver o contido

Para ver fotos e vídeos

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Álbum.

3

Pulse nunha foto ou vídeo que desexe ver. En caso necesario, pulse >

Vídeo >

SÓ UNHA VEZ.

4

Toque lixeiramente cara a esquerda para ver a seguinte foto ou vídeo. Toque

lixeiramente cara a dereita para ver a foto ou o vídeo anterior.

Se quere cambiar a aplicación que escolleu como predeterminada para abrir sempre os

vídeos, pulse

Axustes > Aplicacións e pase o dedo pola pestana Todas, logo seleccione a

aplicación e pulse

BORRAR VALORES PREDETERM. en Iniciar de xeito predeterminado.

Se a orientación da pantalla non cambia automaticamente ao xirar o dispositivo, pulse

Xirar o

contido da pantalla en Axustes > Pantalla > Ao xirar o dispositivo.

Para cambiar o tamaño das miniaturas

Cando estea a ver miniaturas de fotos e vídeos no Álbum, afaste dous dedos para

aumentar o zoom ou xúnteos para reducilo.

Para ampliar unha foto

Cando estea a ver unha foto, separe dous dedos para aumentar o zoom ou xúnteos

para reducilo.

99

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para ver unha presentación de diapositivas das súas fotos

1

Cando estea a ver unha foto, pulse a pantalla para que se amosen as barras de

ferramentas, despois pulse >

Presentación de diapositiv. para iniciar a

reprodución de todas as fotos no álbum.

2

Pulse nunha foto para finalizar a presentación de diapositivas.

Para reproducir un vídeo

1

En Álbum, localice e pulse o vídeo que desexe reproducir.

2

Pulse e logo

Vídeo > SÓ UNHA VEZ.

3

Se non se amosan os controis da reprodución, pulse na pantalla para que se

amosen. Para ocultar os controis, pulse de novo na pantalla.

Para facer unha pausa nun vídeo

1

Cando se reproduce un vídeo, pulse a pantalla para amosar os controis.

2

Pulse .

Para avanzar rápido e rebobinar un vídeo

1

Cando se reproduce un vídeo, pulse a pantalla para amosar os controis.

2

Arrastre o marcador da barra de progreso cara á esquerda para rebobinar, ou

cara á dereita para avanzar rápido.

Para axustar o volume dun vídeo

Prema a tecla de volume.