Sony Xperia M2 Aqua - Configuración da Internet e MMS

background image

Configuración da Internet e MMS

Para poder enviar mensaxes multimedia, ou acceder á Internet cando non hai ningunha

rede Wi-Fi® dispoñible, cómpre ter unha conexión de datos móbiles activa e coa

configuración correcta da Internet e MMS (Servizo de Mensaxería Multimedia).

Consellos:

Na maioría de redes e operadores, os axustes de Internet e MMS veñen preinstalados

no dispositivo. Pode comezar a usar a Internet e a enviar mensaxes multimedia neste

intre.

Nalgúns casos disporá da opción de descargar a configuración da Internet e MMS a

primeira vez que insira unha tarxeta SIM e acenda o dispositivo. Tamén é posible

descargar estes axustes posteriormente no menú Configuración.

Pode engadir, cambiar ou eliminar manualmente a configuración da Internet e MMS no

dispositivo cando o desexe. Se cambia ou elimina una configuración da Internet ou MMS

por erro, descargue de novo a configuración da Internet ou MMS.

Se non pode acceder á Internet nunha rede móbil ou se a mensaxería multimedia non

funciona, aínda que descargara correctamente a configuración de Internet e MMS,

consulte as suxestións para a solución de problemas para o seu dispositivo en

www.sonymobile.com/support/

para problemas coa cobertura de rede, datos móbiles e

MMS.

Se está activado o modo STAMINA para aforrar enerxía, todo o tráfico de datos móbiles

páusase cando a pantalla está desactivada. Se esto causa problemas de conexión, probe a

evitar que algunhas aplicacións e servizos se pausen, o desactive o modo STAMINA de xeito

temporal. Se desexa obter máis información, consulte

Descrición xeral das características do

modo STAMINA

na páxina 22.

Para descargar axustes de Internet e de mensaxería

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Máis > Axustes da Internet.

3

Pulse

Aceptar. Unha vez que descargue os axustes con éxito, aparecerá na

barra de estado e os datos móbiles activaranse automaticamente.

Se non é posible descargar os axustes no dispositivo, comprobe a intensidade do sinal da

rede móbil. Vaia a un lugar aberto sen obstrucións ou achéguese a unha ventá e ténteo de

novo.

30

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para engadir manualmente os axustes da Internet e de MMS

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Máis > Redes móbiles.

3

Pulse

Nomes de puntos de acceso > .

4

Pulse

Nome e introduza o nome que desexe.

5

Pulse

APN e insira o nome do punto de acceso.

6

Introduza o resto de información necesaria. Se non sabe que información é

necesaria, contacte co seu operador de rede para obter máis detalles.

7

Cando remate, pulse , e logo pulse

GARDAR.

8

Para seleccionar o APN que acaba de engadir, pulse o botón de radio que está

xunto ao nome do APN. Unha vez seleccionado, este APN convértese no APN

predeterminado para os servizos da Internet e MMS.

Para ver os axustes descargados da Internet e MMS

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Máis > Redes móbiles.

3

Pulse

Nomes de puntos de acceso.

4

Para ver máis detalles, pulse calquera dos elementos dispoñibles.

Se ten dispoñibles varias conexións, a conexión de rede activa sinalarase mediante un botón

marcado .