Sony Xperia M2 Aqua - Listas de reprodución

background image

Listas de reprodución

Na pantalla de inicio de Música, pode crear as súas propias listas de reprodución desde

a música gardada no dispositivo.

Para crear listas de reprodución propias

1

Na pantalla de inicio de Música, toque e manteña o nome do álbum ou a canción

que desexe engadir a unha lista de reprodución.

2

No menú que se abre, pulse

Engadir á lista de reprodución > Crear nova lista de

reprodución.

3

Introduza un nome para a lista de reprodución e pulse

Acept..

Tamén pode pulsar a portada do álbum e logo pulsar

Engadir á lista de reprodución para crear

unha lista de reprodución.

Reproducir listas de reprodución propias

1

Abra a pantalla de inicio de Música e logo pulse

Listas de reprodución.

2

En

Listas de reprodución, seleccione a lista de reprodución que desexe abrir.

3

Se desexa reproducir todas as cancións, pulse

Mesturar todas.

Engadir cancións a unha lista de reprodución

1

Abra a pantalla de inicio de Música e navegue ata a canción ou o álbum que

desexe engadir a unha lista de reprodución.

2

Toque e manteña o título do álbum ou da canción e logo pulse

Engadir á lista de

reprodución.

3

Pulse no nome da lista de reprodución á que desexa engadir o álbum ou a

canción. O álbum ou a canción engádese agora á lista de reprodución.

Para eliminar unha canción dunha lista de reprodución

1

Nunha lista de reprodución, toque e manteña premido o título da canción que

desexe eliminar.

2

Pulse

Eliminar da lista de reprod..

É posible que non poida eliminar unha canción que está gardada na tarxeta de memoria ou no

almacenamento interno do seu dispositivo.

Eliminar unha lista de reprodución

1

Abra a pantalla de inicio de Música e logo pulse

Listas de reprodución.

2

Toque e manteña a lista de reprodución que desexe eliminar.

3

Pulse

Eliminar.

4

Pulse

Eliminar de novo para confirmar.

Non pode eliminar as listas de reprodución intelixentes.