Sony Xperia M2 Aqua - Cargar o dispositivo

background image

Cargar o dispositivo

O dispositivo ten unha batería incorporada que se pode recargar e que só debe

substituír Sony ou un centro de reparación autorizado por Sony. Non tente nunca abrir

ou desmontar este dispositivo vostede mesmo. Abrir o dispositivo pode provocar danos

que anularán a garantía.
O dispositivo subminístrase de fábrica coa batería parcialmente cargada. En función do

tempo que pasou empaquetado antes da compra, o nivel de carga pode ser moi baixo.

Polo tanto, é recomendable cargar a batería durante polo menos 30 minutos antes de

acender o dispositivo por vez primeira. Pode seguir usando o dispositivo mentres se

está a cargar. Obteña máis información sobre como mellorar o rendemento da batería en

Batería e xestión da enerxía

na páxina 21.

Para cargar o dispositivo

10

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

1

Enchufe o cargador nun enchufe.

2

Enchufe un extremo do cable USB no cargador (ou no porto USB dun ordenador).

3

Enchufe o outro extremo do cable no porto micro USB do dispositivo, co símbolo

de USB mirando cara arriba. A luz de notificación acéndese ao comezar a cargar.

4

Cando o dispositivo estea completamente cargado, desconecte o cable do

dispositivo tirando del cara a fóra sen torcelo. Asegúrese de non dobrar o

conector.

Se a batería está completamente descargada, poden pasar uns minutos antes que a luz de

notificación se acenda a apareza a icona de carga .

Estados da luz de notificación da batería

Verde

A batería está a cargar e o seu nivel de carga é superior ao 90%

Vermello

A batería está a cargar e o seu nivel de carga é inferior ao 15%

Laranxa

A batería está a cargar e o seu nivel de carga é inferior ao 90%

11

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.